Os nosos futbolistas do primeiro equipo, Matías Dituro, Néstor Araújo, Jeison Murillo, Renato Tapia, Augusto Solari, Franco Cervi e Thiago Galhardo, foron sorprendidos a semana pasada cun vídeo moi emotivo no que os seus familiares, a centos de quilómetros, foron os grandes protagonistas nestas datas tan sinaladas.
Unha bonita historia de Nadal que nos axuda a ver o lado máis humano do fútbol e que transcendeu a nivel nacional e internacional a través das redes sociais oficiais do RC Celta tras alcanzar o millón de impresións entre Twitter, Facebook, Instagram e Youtube. Este vídeo, que tivo unha gran acollida e agarimo por parte dos nosos afeccionados, tamén tivo un gran impacto nos medios de comunicación nacionais e internacionais, que mostraron ao mundo esta peza audiovisual producida con tanto afecto.