Unha representación do primeiro equipo e da directiva céltica acudirán este mércores a Zaragoza
Seis xogadores do primeiro equipo e unha representación da directiva celeste acudirán á homenaxe ao ex xogador celeste Fernando Cáceres, que terá lugar en Zaragoza este mércores ás 20.30 horas na Romareda. Bermejo, Jonny, Bellvís, Madinda, David Rodríguez e Jonathan Vila participarán no encontro que disputará o Real Zaragoza e un combinado de amigos do ex futbolista.
A recadación íntegra do partido, con entradas a cinco euros, irá destinada a sufragar os gastos do tratamento de Fernando Cáceres en Buenos Aires. Así mesmo, “la Caixa” habilitou unha Fila 0 para quen desexe colaborar con Fernando Cáceres, no número de conta 2100 8627 99 0200111250.
Fernando Cáceres chegou ao Celta no ano 1998 procedente do Zaragoza e durante o seis tempadas seguintes defendeu con arroxo a camiseta celeste, deixando pegada na afección céltica polo seu decoro e calidade. Disputou un total de 198 partidos e anotou tres goles.
En novembro de 2009, Cáceres recibiu durante un intento de roubo en Buenos Aires un disparo nun ollo que a punto estivo de custarlle a vida. O Real Club Celta quere expresarlle unha vez máis o seu apoio, trasladarlle todo o seu agarimo e desexarlle unha completa recuperación.