Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-84/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 419

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-84/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 427

#SeguimosXuntos: carta ao celtismo - RC Celta
Hemeroteca celtismo

#SeguimosXuntos: carta ao celtismo

RC Celta

aficionllegadacelrmacopa.JPG

A eliminación en Mendizorroza foi un duro golpe ao corazón dos celtistas. Equipo, afección, club… todos ansiabamos regresar á final dun torneo que tanto nos deu e tanto nos quitou, un torneo que ten unha débeda histórica co RC Celta e que, de momento, non se poderá saldar. Deberemos aprender dos erros, reforzar os nosos acertos, seguir traballando con humildade e esforzo e levantarnos coa cabeza ben alta para, xuntos, seguir avanzando cara ao horizonte dos nosos soños.

Botemos a vista atrás. Lembremos de onde vimos e o que vivimos. Paso a paso seguimos medrando e facémolo unidos, como a familia celeste que somos. Así o demostramos de novo nesta Copa do Rei. O voso apoio, celtistas, foi unha vez máis inconmensurable. Destes aos nosos xogadores a calor e o agarimo que afacedes, empuxándolles sen tregua e acompañándolles máis aló do final.

Non poderiamos sentir máis orgullo por vós, afección e equipo, e pola incondicional entrega e paixón coa que cada día defendedes o escudo do Celta. Son estas razóns suficientes para reafirmarnos no noso proxecto e convencernos de que lograremos cumprir os nosos anhelos.

“A gloria non consiste en non caer nunca, senón máis ben en levantarse as veces que sexa necesario”. Esta seguirá sendo nosa filosofía. É o momento de estreitar a nosa unión e continuar avanzando á fronte, sen renderse, con ilusión, orgullo e afouteza. Farémolo xuntos, porque seguimos xuntos. Ala Celta!

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas