O Celta disputa este xoves ás 19:00 (hora Portugal) en Melgaço o seu cuarto partido de pretempada. Será ante o Real Valladolid, un dos equipos punteiros da Segunda División e que esta tempada dirixe unha figura crave na historia recente do Celta: Paco Herrera.
Os afeccionados poden acceder ao Centro de Estágios de Melgaço, situado a unha hora en coche de Vigo, adquirindo a entrada de 5€ nos despachos de billetes do propio recinto antes do partido. Os celtistas que non poidan desprazarse á localidade lusa poderán gozar igualmente do encontro, xa que o Celta retransmitirao en directo a través da súa canle oficial en YouTube.
A emisión do amigable realizarase en calidade HD e poderá visualizarse desde calquera dispositivo con conexión á rede.