O evento, este mércores ás 18.30 horas no hipermercado Carrefour do Centro Comercial Gran Vía
Dous xoves valores da canteira do Real Club Celta, Santi Mina e Rubén Blanco, serán mañá protagonistas dun evento organizado por Estrella Galicia co obxectivo de reforzar o achegamento entre o equipo e os afeccionados. Ambos xogadores celestes asinarán autógrafos a partir das 18.30 horas no hipermercado Carrefour, no Centro Comercial Gran Vía.