Renato Tapia recibiu este mércores na Cidade Deportiva Afouteza o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de abril polas súas destacadas actuacións. O centrocampista peruano obtivo o 37% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Iago Aspas cun 35% dos votos e de Brais Méndez cun 28%.
Tapia exhibiu a súa alegría por recoller o seu terceiro trofeo da tempada, o que lle converte no xogador celeste con máis premios durante a campaña 20/21. O peruano quixo mostrar o seu agradecimento a todos os afeccionados que lle votaron. “quero agradecerlle a Estrella Galicia e á afección que me concederan este premio”.
O centrocampista, en respostas ás preguntas dos seguidores, explicou como foi o seu primeiro ano no RC Celta e como se atopa da lesión que lle deixou sen xogar os últimos partidos e recoñeceu que o seu soño pendente é “xogar competición europea co Celta”.
Ademais, Tapia falou sobre a súa selección, os seus gustos culinarios e as súas sensacións dunha tempada “que foi moi boa para min e para o equipo”.