O RC Celta e Mixzone asinaron un acordo de colaboración polo que esta compañía convértese en novo proveedor oficial do club para a exposición e desenvolvemento de novas e innovadoras traseiras de comunicación dixitais.
O acordo, para as próximas catro tempadas, pon a disposición do primeiro equipo e do Celta B os novos e innovadores fondos dixitais de Mixzone nas súas aparicións oficiais, sempre suxeitos ao regulamento de cada competición ou evento, e que pronto se converterán en nova referencia visual na industria do deporte.
Ademais do soporte dixital, Mixzone ofrece unha plataforma de xestión do contido, utilizando a solución SAAS, que permite producir un contido dinámico de alta calidade e a posibilidade de crear campañas modulares. Isto supón que, ademais de mellorar a imaxe de marca do anunciante, tamén lle permitirá chegar aos afeccionados con campañas máis dinámicas, interactivas e innovadoras.
Con este acordo, o RC Celta reforza o seu compromiso co desenvolvemento e innovación na industria do deporte.
O estreo destes novos soportes produciuse nas comparecencias oficiais para medios e televisións do partido Celta B – Deportivo de La Coruña, que se disputou o pasado domingo no estadio Abanca Balaídos.