Rafa Benítez e o seu corpo técnico desvincúlanse do RC Celta tras oito meses de entrega absoluta e plena dedicación, pero nos que o equipo non obtivo os resultados esperados polo club.
O club quere expresarlle a Rafa Benítez e aos seus axudantes o seu máis sincero agradecemento pola implicación, honestidade e profesionalidade que mostraron desde a súa chegada e o incansable traballo realizado. O RC Celta quere ademais desexarlles moita sorte e éxito no futuro.