PROXECTO CELTA: FUTURO, ARRAIGAMENTO E ESTABILIDADE
O Real Club Celta pon en marcha unha completa campaña informativa sobre o proxecto de futuro da entidade que terá como eixo a figura do presidente Carlos Mouriño, quen participará en charlas e coloquios con numerosos colectivos da cidade para explicarlles de primeira man os proxectos que manexa o RC Celta para garantir o seu futuro, reforzar o arraigamento do club coa cidade e dotar de estabilidade a esta institución crave na vida de Vigo.
O presidente celeste exporá estes proxectos de futuro, arraigamento e estabilidade en distintos foros e ante un amplo abanico de colectivos de todos os ámbitos da sociedade viguesa. O primeiro destes encontros terá lugar este venres ás 9:00 horas da mañá no Club Financeiro. Carlos Mouriño estará ademais a disposición de todos os colectivos que desexen coñecer, sempre mediante un formato completamente participativo, estes proxectos de futuro, arraigamento e estabilidade do Real Club Celta.
A campaña complétase con información en diversos soportes presentes na cidade.