Entradas a 15€ para as bancadas de Marcador e Gol en categoría ADULTO e 10€ para Sub-25
Tras ofrecer unha espectacular imaxe o pasado domingo ante o Real Madrid, o RC Celta volve xogar en Balaídos este mércores noutro partido que promete espectáculo e máxima emoción. O Málaga CF chega a Vigo con 47 puntos, 5 máis que os celestes, e clasificados na sétima praza da táboa, unha posición que se se dan as circunstancias podería dar acceso a participar en competición europea a próxima tempada.
Con todos estes alicientes, o club vigués ha establecido uns prezos económicos para esta xornada con entradas a 15€ para as bancadas de Gol e Marcador, prezo que se reduce a tan só 10€ no caso dos afeccionados Sub-25. Os billetes para Tribuna teñen un custo de 40€, tamén inferior ao habitual.
As entradas poden adquirirse este luns e martes de 10 a 14 e de 17 a 20h na oficina de abonados ou o mércores de 10 a 14 e de 17 a 20h nos despachos de billetes do estadio. A plataforma online www.celtavigo.org/taquillaCelta está operativa as 24 horas para adquirir entradas de categoría ADULTO.