Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Pape Cheikh, comprometido coa escola de fútbol da súa infancia - RC Celta
Hemeroteca club

Pape Cheikh, comprometido coa escola de fútbol da súa infancia

RC Celta

pape-fcsolar

“A escola está en Dakar, onde eu vivía. Chámase FC Solar e desde pequeno xoguei alí. Non había xente que nos puidese axudar”. Con estas palabras comeza o seu relato Pape Cheikh, unha das novas perlas da canteira celeste que, comprometido coas súas orixes, comezou a colaborar coa escola de fútbol de Senegal que lle viu dar os seus primeiros pasos futbolísticos. “É onde nacín, onde vivín. Se non fóra por esa escola moitos nenos estarían tirados polas rúas e non quero que iso pase, por iso empecei a axudarlles”, explica.

Na súa terceira tempada en Vigo e catro anos despois de chegar a España, Pape bota a vista atrás cunha expresión mestura de nostalxia e experiencia, moi pouco habitual nun mozo que apenas conta coa maioría de idade: “Moitas veces pasámolo mal porque non tiñamos balóns nin botas, ás veces adestrabamos sen calzado”.

Pape comezou a enviar material deportivo á súa antiga escola

“Todavía non volvín, pero espero facelo algún día e poder axudarlles máis.”

A academia FC Solar naceu froito do empeño de Ady Diouf, un veciño da cidade de Pikine na rexión de Dakar, quen se propuxo atopar unha motivación para os rapaces do barrio. “É o fundador e o adestrador. Víanos pola rúa e decidiu abrir unha escola para axudar aos nenos, aínda que non tiña nin balóns”, explica o canteirán.

pape-balon.jpg

Sen apenas recursos desde as súas orixes, Pape empezou a enviar material deportivo ao FC Solar para que poida seguir adiante coa súa labor: “Quero que os rapaces se animen a ir e que vexan que hai posibilidades de converterse en futbolistas e axudar ás súas familias”. Ademais, froito do despunte de Pape no Celta e nas categorías inferiores da Selección Española, o interese de observadores e clubs pola escola aumentou. “Últimamente foi xente de fóra para ver aos mozos dalí”, di.

Pape comezou a acudir á academia con 12 anos, ás agachadas da súa nai, a quen non terminaba de convencerlle a práctica do deporte rei: “Ía todos os días sen que o soubese”, conta cun sorriso o mozo celeste. O seu colega para escabullirse a xogar ao fútbol non era outro que Bamba Ndiaye, xogador do Deportivo B, sobre o que Pape fala coma se dun irmán tratásese: “Era o meu mellor amigo no barrio e na escola. Viviamos a un minuto de distancia e moitas veces el durmía na miña casa ou eu na súa. Sempre estabamos xuntos en Senegal e agora mira que casualidade, el no Deportivo e eu no Celta. Quedamos moitas veces e se podemos veremos o derbi xuntos”.

Centrado en triunfar coa camiseta celeste e xa totalmente adaptado á vida en España, Pape non quere esquecer as súas orixes nin á súa xente: “Aínda non volvín, pero espero facelo algún día e poder axudarlles máis. É o que pretendo”.

papeenfcsolar.jpg

Pape Cheikh durante un adestramento na academia FC Solar

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas