p>
Habilitada unha fiestra específica para a venda de entradas de Copa
A venda de entradas para o partido de Copa do Rei ante o Real Madrid está rexistrando unha gran actividade día tras día. Os despachos de billetes do estadio reciben un goteo incesante de afeccionados tanto pola mañá como pola tarde, síntoma da gran expectación que levantou a eliminatoria copera entre a hinchada celeste.
Mañá xoves 6 de decembro, festivo polo Día da Constitución, os despachos de billetes situados nos baixos do Estadio de Balaídos manteranse abertos no seu horario habitual (de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00) polo que os afeccionados poderán aproveitar a xornada de descanso para adquirir as súas entradas. Ademáis, o despacho de billetes online está a disposición dos usuarios as 24 horas do día: www.celtavigo.org/taquillaCelta