Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Os capitáns do RC Celta, "ansiosos" por estrear a nova cidade deportiva - RC Celta
Audiovisual

Os capitáns do RC Celta, “ansiosos” por estrear a nova cidade deportiva

RC Celta

Os capitáns do RC Celta Hugo Mallo, Iago Aspas e Sergio Álvarez, acompañados polo vicepresidente Ricardo Barros e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitaron esta tarde as obras da nova cidade deportiva do club e coñeceron de primeira man o proxecto das instalacións que serán o fogar do primeiro equipo e a canteira celestes.

Os capitáns célticos mostráronse gratamente sorprendidos polo avance dos traballos e expresaron o seu desexo de gozar da nova cidade deportiva: “Estamos moi contentos, ansiosos por empezar unha nova tempada e gozar destas instalacións. Estamos a ver que é unha gran obra e vai ser espectacular para o primeiro equipo e para os rapaces da canteira. É moi importante para eles”, afirmou Hugo Mallo.

“É importante, non só para primeiro equipo, senón tamén para os máis novos, que están a compartir campos, teñen problemas de horarios… As instalacións da Madroa quedaron moi pequenas e estamos ansiosos por vir, por nós e por eses nenos que empezan con esa ilusión e eses soños por cumprir” engadiu.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas