Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463
Os afeccionados poderán recibir os produtos das cantinas nos seus asentos - RC Celta
Audiovisual

Os afeccionados poderán recibir os produtos das cantinas nos seus asentos

RC Celta





O RC Celta poñerá en marcha este sábado no partido ante o Sevilla unha novedosa iniciativa encamiñada a aumentar a comodidade dos afeccionados celestes á hora de acceder aos produtos das cantinas de Balaídos. Os asistentes ao encontro poderán realizar e pagar o seu pedido desde o teléfono móbil, sen necesidade de desprazarse e facer cola, xa que unha vez completada a solicitude recibirano nos seus asentos con a maior brevidade posible.

O pedido realízase a través da App Seatgood, desenvolvida por unha empresa viguesa, que se pode descargar tanto para Android como para iOS nas plataformas habituais. Nesta App, e unha vez seleccionado o estadio de Balaídos e a grada, o usuario terá acceso á totalidade dos produtos que se serven nas cantinas, así como a novos combos especiais ideados para poder seleccionar varios artigos cun só click. Unha vez finalizado o proceso de selección, os afeccionados facilitarán os datos do seu número de fila e asento e realizarán o abono a través dunha pasarela de pago.

Este servizo estará dispoñible para este encontro únicamente en Tribuna Alta e Río Baixo, aínda que a intención da entidade celeste é facelo extensivo ao resto de gradas. Os pedidos deben realizarse antes do minuto 20 de cada parte e no caso da segunda metade unha vez finalizado o descanso. O club confía en que o servizo sexa plenamente satisfactorio para os afeccionados, pero en calquera caso, ao tratarse da primeira experiencia, pide desculpas si prodúcese algún tipo de incidencia.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas