Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 449

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 457

#onosoderbi | Xa á venda as entradas e suplementos - RC Celta
Hemeroteca celtismo

#onosoderbi | Xa á venda as entradas e suplementos

RC Celta

precios140316.jpg

O derbi galego volve a Balaídos. O estadio vigués acolle o vindeiro sábado 2 de abril ás 22:05 hrs. un dos encontros máis esperados da tempada, que este ano coincide cunha emocionante recta final do campionato na que o RC Celta loita por clasificarse para competición europea. As entradas para este partido, correspondente á xornada 31 de Primeira División, xa se despachan tanto nas billeteiras de Balaídos como na online.

O club fixou uns prezos de entradas que oscilan entre 60 e 90 euros para a categoría ADULTO e entre 40 e 60 euros para afeccionados SUB-25. Ao tratarse dunha xornada designada como ‘Día do Club’, os abonados que tramitaron o seu carné despois do 3 de xullo de 2015 deben retirar un suplemento para acceder ao estadio. O custo é de 20 euros para categoría ADULTO e de 10 para o resto de categorías, exceptuando aos menores de 8 anos que só deberán abonar 5 euros. Os abonados que xestionaron o seu carné con anterioridade á devandita data poderán asistir ao partido da maneira habitual, presentando o seu abono na entrada á bancada. Os suplementos poderán retirarse ata o mércores 30 de marzo.

O despacho de billetes de Balaídos permanece aberta de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. As entradas poden adquirirse en calquera momento do día a través da web www.celtavigo.org/taquillaCelta 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas