Tras varias semanas de votacións, a afección celeste definiu o once ideal dos 100 anos de vida do RC Celta, unha iniciativa de Estrella Galicia e o club na que participaron máis de 3.000 seguidores. O resultado das votacións, realizadas a través das redes sociais do club, é o seguinte:
Porteiro: Cañizares; defensas: Míchel Salgado, Cáceres. Manolo. Hugo Mallo; centrocampistas: Karpin, Mazinho, Mostovoi; dianteiros: Iago Aspas, Pahiño, Gudelj.
Estrella Galicia garda algunha sorpresa para a afección celeste relacionada con este once histórico do RC Celta que desvelará durante as próximas semanas.