O Real Club Celta, xunto a unha delegación de Telefónica -socio tecnolóxico do club no proxecto ‘Galicia Sport 360’-, visitou este venres a sede de ‘A Rafa Nadal Academy by Movistar’ en Manacor (Mallorca). A academia aúna varias dos piares do proxecto ‘GS360 Factoría do Deporte Galego’ como a formación académica, tecnoloxía e tecnificación, complexos de residencia e hotel, museo… unha experiencia de primeiro nivel apoiada polo coñecemento e o soporte de Telefónica. A visita foi encabezada por Carlos Mouriño -presidente do RC Celta- xunto a Marian Mouriño -CEO de GS360- e Carlos Cao -director da área de negocio do club-. Xunto a Toni Nadal – director deportivo da Rafa Nadal Academy- realizáronse un intercambio de ideas e coñecementos, así como unha comprobación de primeira man dos avances máis tecnolóxicos de Telefónica reflectidos nun proxecto gañador.

Celtismo