O RC Celta súmase ás iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Fútbol con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que terá un gran protagonismo nos partidos do próximo venres ante o CD Leganés en Balaídos e ante o Fabril o sábado en Barreiro. Os xogadores sairán en ambos os partidos ao terreo de xogo coas pañoletas da campaña contra este tipo de violencia e no círculo central de Barreiro e Balaídos colocarase unha gran lona cun lazo violeta, símbolo desta iniciativa.
Ademais, antes do partido ante o Leganés emitirase a través do vídeo marcadores o anuncio da campaña da Xunta con motivo deste Día Internacional.