Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463
O RC Celta potencia o seu departamento comercial coa incorporación dun novo director - RC Celta
bufanda_celta_balaidos_aficion_celtismo_vigo.jpg
Novas club

O RC Celta potencia o seu departamento comercial coa incorporación dun novo director

RC Celta

O Real Club Celta reforza a proxección da entidade coa incorporación a unha das áreas crave de Carlos Salvador Herrera, quen exercerá de director comercial da entidade celeste para potenciar, xunto co departamento de Marketing, a procura de novas fontes de ingresos.

Carlos Salvador Herrera é un profesional de publicidade e vendas con máis de 15 anos de experiencia, especialmente en gran consumo, desenvolvemento e xestión de marcas e canles, así como en deportes e entretemento, publicidade non convencional e patrocinios.

O novo director comercial celeste está especializado en marketing de contidos e a súa amplificación multicanal, desenvolvemento de solucións estratéxicas creativas, e en implementacións integrais, así como en insights, desenvolvemento e xestión de marcas, planificación estratéxica, xestión de activos, e plans tácticos operacionais.

Procede da firma Havas Sports & Entertainment e con anterioridade exerció a súa profesión, entre outras empresas, en British American Tobacco. A súa formación inclúe un máster en Dirección de Marketng e Comercial na ESADE Bussiness & Law School e, entre outros cursos, os de Protocolo e Relaciones Internacionales (Cámara Comercio, Madrid), Xornadas Informativas sobre Mercados Estranxeiros (JIMEX), Functional Marketing BAT Germany, Trade & Consumer Research Program BATCO e Management Excellence Program IMD.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas