Balaídos rexistra desde fai unhas horas unha actividade xa inaplazable e totalmente necesaria. O Real Club Celta puxo en marcha a sustitución do deteriorado céspede do estadio para que no prazo de dez días o ‘templo’ celeste dispoña dun novo tapete que non desfigure a proposta futbolística do equipo vigués.
O club iniciou este fin de semana a sustitución do céspede e asumirá o seu mantemento posterior, tarefas que encomendou a Royalverd, empresa líder mundial en céspede deportivo con experiencia tanto en España como en Brasil. Deste xeito, Balaidos estará nas mesmas mans que Maracaná ou o Camp Nou.
O estadio celeste contará cun mix de Lolium perenne e Poa pratensis, unha combinación ideal para o clima Atlántico galego. O céspede está producido en Burdeos e chegará a Balaídos a mediados da próxima semana en 24 camións refrigerados.
Trala acometida do saneamiento do perímetro do campo, a retirada do céspede actual realizarase mecánicamente durante a tarde deste domingo e a xornada de mañá.
O compromiso de Royalverd é ter o campo totalmente preparado para a práctica do fútbol para un eventual partido de ida das semifinais da Copa do Rei o mércores tres de febreiro.