Unha vez finalizado o prazo de solicitude de entradas para a bancada visitante establecido por LaLiga sen que se producise petición algunha por parte do Villarreal, o RC Celta pon a disposición de abonados e afeccionados celestes unhas 600 entradas de Río Alto correspondentes á mencionada bancada. Estas entradas só se poderán tramitar, tanto como invitación como para a súa venda, exclusivamente nas billeteiras do estadio.
Estas entradas son xa as únicas dispoñibles unha vez esgotado o papel no resto do estadio. As billeteiras permanecen abertas de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.