O RC Celta recibiu un magnífico recoñecemento a súa labor en marketing coa entrega do terceiro premio na categoría de Marca na X Edición dos Premios MKT, na que concorrían un total de 245 candidaturas de empresas de enorme prestixio nacional e internacional. Estes premios, organizados pola Asociación de Marketing de España, buscan recoñecer e potenciar a creatividade, a innovación, e a obtención de resultados tanxibles. O Hipódromo da Zarzuela de Madrid reuniu neste multitudinario evento aos profesionais máis importantes do ámbito do marketing de España e Latinoamérica
O RC Celta foi un dos premiados na categoría de Marca, na que, segundo a entidade que entrega os premios, valóranse aquelas prácticas cuxo éxito débese á implantación dunha estratexia de xestión de marca eficaz. Nesta categoría, os finalistas foron, xunto ao club celeste, Central Lechera Asturiana, Cervezas La Virgen, Estrella Damm e KFC.
Durante os seus 10 anos de historia, os Premios Nacionais de Marketing convertéronse nunha institución, unha plataforma visible desde a que a Asociación de Marketing de España pon en práctica os obxectivos baixo os que se fundou: dar a coñecer o marketing á sociedade, o desenvolvemento e recoñecemento da profesión e o intercambio de ideas.
Na categoría na que o RC Celta recibiu o terceiro premio, o xurado preseleccionara entre todos os candidatos unha serie de marcas antes de anunciar os 5 finalistas. As empresas que pasaron o primeiro filtro son Crédito e Caución, Deoleo, Divina Pastora, Ecoembes, El Tenedor, Kia Motors, Openbank, Louro, Sunny Delight e Twitter.
O xurado está formado por 19 profesionais e expertos en marketing, provintes de marcas de recoñecido prestixio como BBVA, Amazon, McDonald’s, Iberia. Samsung ou Gas Natural. Trátase dun xurado independente, non vinculado a MKT, o que garante a imparcialidad absoluta no fallo.