O RC Celta poñerase en contacto vía telefónica coa totalidade dos abonados celestes maiores de 65 anos co obxectivo de determinar as súas preferencias á hora de recibir información do club.
O obxectivo final desta iniciativa é establecer unha canle de comunicación efectiva, fluída e cómoda para os abonados de maior idade, que en moitos casos non poden acceder á información que lles ofrece o club polos medios habituais.
Os abonados celestes poderán elixir a canle que prefiren para recibir información do seu interese, como a reapertura da atención presencial nas oficinas de Abanca Balaidos ou o novo proceso de solicitude de invitacións para os abonados históricos.
O club ofreceralles a oportunidade de elixir a canle de comunicación que mellor se adapte ás súas necesidades, sexa SMS, correo electrónico, correo postal ou chamada telefónica.