As novas altas e os abonados do RC Celta que aínda non renovasen o seu carné para a tempada 2019/20 poderán facelo até este domingo 21 de xullo (data improrrogable) beneficiándose das condicións especiais. Desta maneira, o club ofrece unha última marxe de tempo a todos aqueles celtistas que aínda non formalizasen a súa adhesión á familia celeste de cara a esta ilusionante tempada. Tanto as renovacións como as solicitudes de alta tramitaranse hoxe e mañá exclusivamente de maneira online en istovaidecorazon.com.
Aqueles abonados que non renoven antes das 23.59 horas do domingo perderán o seu asento no estadio e non terán opción de ir ao encontro da primeira xornada de LaLiga ante o Real Madrid xa que a segunda fase da campaña de abonados arrinca o 19 de agosto, dous días despois do partido ante o equipo branco.
Éxito
A campaña de altas foi un éxito. Ata hoxe, máis de 1.800 persoas anotáronse na lista de espera para converterse en novos abonados a partir do 1 de agosto, cando poderán escoller unha localidade entre todas as que haxa dispoñibles no estadio Abanca Balaídos.