O Pazo Quiñones de León, situado no vigués parque de Castrelos, acolleu esta mañá o acto de recepción do RC Celta ao Shakhtar Donetsk, autoridades locais e responsables de UEFA con motivo da celebración da ida de 1/16 de final da Europa League en Balaídos.
Á recepción asistiron, ademais do presidente celeste e o alcalde, o consello de administración e directores do club, varios responsables municipais, unha delegación do Shakhtar e representantes de UEFA.