O director de Seguridade do Real Club Celta, Jullo Vargas recibiu hoxe na Academia de Seguridade de Galicia, na Estrada, a Mención Honorífica Tipo A da Guaria Civil, máxima distinción que concede o instituto armado a un director de Seguridade en España.
A distinción foille entregada a Jullo Vargas polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o delegado do goberno na comunidade autónoma, Santiago Villanueva
O responsable celeste xa recibira no ano 2014 a máxima distinción que concede o Corpo Nacional de Policía e convértese no primeiro director de Seguridade dun club deportivo que recibe ambas distincións en España.