Tras máis de ano e medio de intenso traballo, o coordinador deportivo Juanki Calero desvinculouse do RC Celta. O club quere expresarlle a Juanki Calero o seu máis sincero agradecemento pola dedicación, a profesionalidade e o esforzo cos que desempeñou a súa función desde a súa chegada e desexarlle un gran éxito na súa nova etapa profesional.
A presidenta do RC Celta, Marián Mouriño, destacou esta tarde durante a presentación de Marco Garcés como novo director de fútbol, que “a desvinculación de Luis Campos conleva a desvinculación de Juanki, pero gustaríame agradecerlle por todo este tempo xa que estivo ao meu lado durante moitísimas horas estes últimos meses. Transmite unha boa enerxía, unha actitude positiva e unhas ganas de sumar e colaborar que só podo desexarlle que teña un futuro profesional moi bo. Quizá nalgún momento igual volvemos atoparnos”.