Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-84/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 419

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-84/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 427

O club anima ao celtismo a que tramite canto antes o seu carnet para normalizar o tramo final - RC Celta
Hemeroteca celtismo

O club anima ao celtismo a que tramite canto antes o seu carnet para normalizar o tramo final

RC Celta

campaña_abonados_web_9615.jpg

p>

Gran acollida a unha campaña que inclúe vantaxes e descontos ata o día 30 de xuño

Con prezos conxelados, facilidades de pago, vantaxes, descontos e diversas novidades, a campaña de abonados do Real Club Celta para a tempada 2015/2016 continúa adiante cun amplo horario de atención ao público nas novas taquillas de Balaídos, que rexistran unha gran actividade. O club anima a abonados e afeccionados a que tramiten os seus carnets canto antes para gozar das vantaxes incluídas ata o día 30 de xuño, un cinco por cento de desconto en renovacións e a exención do pago do suplemento dos Días do Club -tamén nas altas-, e evitar as colas que poderían producirse no tramo final.

O horario das modernas taquillas do estadio de Balaídos é, durante o presente mes de xuño, de luns a venres de 9.00 a 20.00 horas de xeito ininterrumpido, unha amplitude completada cun bo número de persoas dedicadas á atención o público co fin de  axilizar ao máximo as xestións. O club insta a abonados e afeccionados a que acudan a tramitar os seus carnets canto antes para evitar unha eventual acumulación de operacións nos últimos días da promoción e o consiguiente aumento do tempo de espera.

Tanto renovacións como altas poden tamén tramitarse sen necesidade de desprazarse a Balaídos e de xeito cómodo, rápido e seguro a través de internet seguindo o enlace: http://www.celtavigo.org/abonosCelta/home.do.

A unión existente na familia celeste foi clave para a consecución dos obxectivos deportivos nas últimas tempadas e o seu aumento será tamén un factor determinante no ilusionante futuro do Real Club Celta, con proxectos que outorgarán unha nova dimensión á entidade.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas