“É moi positivo non só para o equipo, senón para o club”, afirma o doutor celeste García Cota
O Real Club Celta incorporou á súa estrutura ao psicólogo deportivo Joaquín Dosil, quen xa comezou a traballar nas instalacións deportivas da Madroa. “Ter un psicólogo é unha aspiración do servizo médico desde hai un tempo. Se se elixe á persoa adecuada, que creo que o fixemos, é algo moi positivo, non só para o equipo en si, senón para o club en xeral”, sinalou o xefe dos servizos médicos celestes, Juan José García Cota.
“Joaquín Dosil é unha persona especialista en psicoloxía do deporte e con ampla experiencia neste campo e que coñece a filosofía do fútbol”, engadiu o doutor do Real Club Celta.