O RC Celta renderá no partido deste sábado en Balaídos unha merecida homenaxe ao xogador vigués Adrián Alonso ‘Pola’ quen acaba de proclamarse campión de Europa coa Selección Española de Fútbol sala. ‘Pola’ será homenaxeado antes do inicio dun encontro no que se vivirá un ambiente especial e no que o Celta buscará superar ao Eibar e retornar aos postos europeos.