Manténse os prezos habituais en Liga, entre 25 e 50€ para adultos e entre 15 e 25 para Sub-24
A Liga ten un novo parón esta semana, pero o fútbol non se detén. A Copa do Rei comeza para o Celta cunha emocionante eliminatoria de dezaseisavos de final ante o Athletic Club de Bilbao. Balaídos acolle este sábado, ás 20:00 horas, o partido de ida dunha competición que sempre resultou atractiva para a afección celeste.
Para este encontro o club mantén os prezos habituais nas entradas de Liga, que oscilan entre 25 e 50 euros na categoría adulto e entre 15 e 25 euros na categoría Sub-24.
As entradas poden adquirirse de luns a xoves na oficina de abonados en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20.00 horas ou nos despachos de billetes do estadio o venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas e o sábado en horario ininterrompido desde as 10:00 ata o inicio do partido. Ademais os billetes están dispoñibles no despacho de billetes virtual, accesible as 24 horas o sete días da semana: www.celtavigo.org/taquillaCelta
|
ENTRADAS |
|
ADULTO |
SUB 24 |
|
TRIBUNA |
50 |
NON DISPOÑIBLE |
RÍO ALTO |
40 |
25 |
RÍO BAIXO |
40 |
25 |
PREFERENCIA |
35 |
15 |
GOL |
25 |
15 |
MARCADOR |
25 |
15 |
FONDO |
NON DISPOÑIBLE |
NON DISPOÑIBLE |