Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463
O Celta celebra o seu almorzo de Nadal nun ambiente familiar e de máxima ilusión - RC Celta
4-comida-navidad-2017.jpg
Novas club

O Celta celebra o seu almorzo de Nadal nun ambiente familiar e de máxima ilusión

RC Celta

O RC Celta celebrou este xoves no Hotel Pazo Os Escudos o seu tradicional comida de Nadal, á que asistiu todo o persoal de empregados do club vigués, así como o consello de administración, o primeiro equipo e o Celta B. O resto de conxuntos do RC Celta, do xuvenil ao benjamín incluíndo á Fundación Celta Integra, uníronse ao evento á primeira hora da tarde para gozar dunha merenda que estivo amenizada polas actuacións dun mago e un especialista en fútbol freestyle.

Antes, o presidente Carlos Mouriño, o adestrador Juan Carlos Unzué e o capitán Hugo Mallo, dedicaron unhas palabras aos asistentes. Se o futbolista celeste centrou o seu discurso nos mozos canteiráns, aos que animou a seguir esforzándose no fútbol sen deixar de lado os estudos, e o técnico navarro destacou o seu orgullo por traballar no Celta e o seu convencemento de que o equipo dará moitas alegrías, o presidente Carlos Mouriño puxo o acento no ilusionante futuro do RC Celta cun discurso que arrincou os aplausos de todos os presentes.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas