A gran expectación xerada na campaña de abonados propicia esta medida
Dada a gran expectación xerada e a espectacular resposta de abonados e afeccionados na campaña de abonados, o Real Club Celta ampla catro días, ata o vindeiro venres incluído, o período establecido para renovar ou darse de alta con xugosas vantaxes.
Deste xeito, os que renoven o seu carné durante esta semana gozarán dun 10 por cento de desconto no prezo do abono, acumulable, ata un máximo dun 20 por cento, co 10 por cento fixado para familias e accionistas. Tanto no caso de renovacións como de altas, aqueles que tramiten os seus carnés ata este venres estarán exentos de pagar suplementos os Días do Club.
A oficina de abonados e despachos de billetes abren de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Altas e renovacións tamén se poden realizar as 24 horas do día a través de www.celtavigo.org/abonosCelta