Mantéñense as mesmas condicións e vantaxes que se ofreceron durante o verán
ABONOS ONLINE: www.celtavigo.org/abonosCelta
CONTACTO ABONADOS: 986.31.32.30 / abonados@celtavigo.net
O vindeiro luns 25 de novembro dará comezo a campaña de abonos anuais para o ano 2014, que recolle as mesmas condicións e vantaxes que se ofreceron durante o verán.
O apoio do celtismo en Balaídos é fundamental. A pasada tempada a comuñón entre equipo e afección empuxou ao Celta cara á permanencia, obxectivo para o que volverá ser necesaria a unión de todo o celtismo. Esta campaña preséntase como unha gran oportunidade para que os abonados anuais renoven o seu compromiso co club e para que o resto de afeccionados sómense á familia celeste.
A campaña anual presenta unhas vantaxosas condicións de renovación. Os abonados que renoven o seu carné antes do día 25 de decembro beneficiaranse dun desconto especial polo 90 aniversario do club. Esta rebaixa dun 10% sobre o custo do abono é acumulable ao desconto de accionista ou familiar até un máximo do 20%. Ademais, tanto renovacións coma altas tramitadas antes de dita data quedarán exentas de pagar suplemento nos partidos designados como ‘Día do Club’.
O club oferta outra interesante vantaxe aos afeccionados que decidan darse de alta. Os seguidores que formalicen o seu carné, válido a partir de Xaneiro de 2014, nos primeiros días de campaña, poderán acudir ao partido de dezaseisavos de final de Copa do Rei ante o Athletic Club, que se celebrará en Balaídos o vindeiro sábado 7 de decembro.
A partir do 25 de decembro as renovacións terán o mesmo custo que as altas, aínda que sen a cota que se aplica a estas últimas. En ambos os casos, pagarán suplemento os días de club e os prezos que se aplicarán serán os propios da campaña anual 2014.
Mantéñense as habituais facilidades de pago a través do cartón comercio e Crediventa. Os que opten por fraccionar o seu abono poden facelo até seis meses sen intereses ou en nove e doce cun pequeno cargo.
Os abonados cos carnés domiciliados recibirán o cargo a partir do 10 de decembro.
O horario das oficinas de abonados é de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.