Os afeccionados terán á súa disposición os produtos oficiais do club no céntrico centro comercial
O Real Club Celta dispoñe desde hoxe dun gran espazo en El Corte Inglés, unha tenda na que se ofrece a mesma gama de produtos que no establecemento celeste ubicado nos baixos do Estadio de Balaídos. Esta nova tenda do Celta está situada na sexta planta, naa sección de deportes, onde os afeccionados poderán adquirir os produtos oficiais do club.
Á inauguración da tenda do Celta en El Corte Inglés de Vigo asistiron os xogadores do primeiro equipo Roberto Lago e Mario Bermejo, o director de El Corte Inglés, Ignacio Granado, Suso Rodríguez, jefe da sección de Deportes do centro comercial, e o director Comercial do Celta, Camilo Lobato.