O salmantino chegou ao Real Club Celta na campaña 2009/2010
Miguel Torrecilla continuará vinculado ao Real Club Celta. Será director deportivo da entidade celeste as dúas próximas tempadas, segundo o acordo de renovación asinado hoxe polas partes. O equipo vigués pechou este pasado sábado unha gran tempada, a segunda consecutiva en Primeira División, cun meritorio noveno posto, unha posición que certifica o crecemento constante do Celta nas últimas campañas.
Torrecilla chegou ao Real Club Celta na tempada 2009/2010 procedente do Salamanca, onde asumira a dirección deportiva dous anos, e desde entón o conxunto celeste foi mellorando de maneira incesante os seus resultados deportivos. A próxima será, por tanto, a sexta campaña de Torrecilla no club vigués.