Tamién están dispoñibles os billetes para o partido de Copa ante o Athletic Club de Bilbao
A Liga regresa a Balaídos o sábado 30 de novembro, ás 18:00 horas. O Celta recibe á UD Almería, co claro obxectivo de lograr a primeira vitoria da tempada en casa. O apoio na bancada do celtismo, intachable, será clave para empuxar aos celestes cara ao triunfo. Tres puntos ante un rival directo que poden quedar en Vigo, da man de equipo e afección.
O club mantén unha vez máis os prezos das entradas, que oscilan entre 25 e 50 euros na categoría adulto e entre 15 e 25 euros na categoría Sub-24.
A afección celtista demostra cada partido en Balaídos a súa entrega polas cores celeste e branco, tanto nos prolegómenos dos encontros como durante e despois do noventa minutos de xogo. O club anima a que todos os abonados e seguidores célticos acudan ao estadio e axuden co seu alento a crear un ambiente de auténtico celtismo, un escenario no que a vitoria será aínda máis posible.
As entradas poden adquirirse de luns a venres na oficina de abonados en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas ou nos despachos de billetes do estadio o sábado en horario ininterrompido de 10.00 ao comezo do partido. Ademais as entradas xa están dispoñibles no despacho de billetes virtual, accesible as 24 horas o sete días da semana: www.celtavigo.org/taquillaCelta
|
ENTRADAS |
|
ADULTO |
SUB 24 |
|
TRIBUNA |
50 |
NON DISPOÑIBLE |
RÍO ALTO |
40 |
25 |
RÍO BAIXO |
40 |
25 |
PREFERENCIA |
35 |
15 |
GOL |
25 |
15 |
MARCADOR |
25 |
15 |
FONDO |
NON DISPOÑIBLE |
NON DISPOÑIBLE |
Tamén están á venda, cós mesmos prezos, as entradas para o partido de ida de 1/16 de final da Copa do Rei ante o Athletic Club de Bilbao (sábado 7 de decembro, 20:00), que poden adquirirse na oficina de abonados de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas ou en calquera momento a través do despacho de billetes online.