O RC Celta quere mandar unha mensaxe de afecto a RCD Espanyol, RCD Mallorca e CD Leganés tras o seu descenso a Segunda División nunha tempada tan complicada e chea de dificultades para todos os clubs. Os tres conxuntos demostraron a súa coraxe ao longo das 38 xornadas do campionato e competiron até o final co tesón e a paixón que sempre lles caracterizaron.
O club celeste deséxalles un pronto regreso a Primeira División.