Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463
Médicos, técnicos e empregados celestes fórmanse no Cunqueiro - RC Celta
Audiovisual

Médicos, técnicos e empregados celestes fórmanse no Cunqueiro

RC Celta





Os integrantes dos servizos médicos do RC Celta e diversos técnicos das categorías inferiores e empregados do club asistiron a un curso sobre Resurrección Cardiopulmonar realizado no Hospital Álvaro Cunqueiro co fin de “aprender os protocolos necesarios para poder tratar tanto a deportistas a pé de campo, como a calquera persoa que sufra unha parada cardiorespiratoria”, segundo explica o xefe dos servizos médicos do club, Juan  José García Cota.

O doutor Cota destaca que esta formación “trátase case de cultura xeral e por iso non só asistimos os integrantes dos servizos médicos, senón persoal do club, xa que en Balaídos esperamos contar con sistemas de desfibriladores ao longo do estadio para que poidan ser utilizados en caso de necesidade por todos os que coñezan o  protocolo”.

Indica que o RC Celta, ratificando a súa aposta de formación constante, prevé ademais estender esta formación “ao resto de persoal do club e a afeccionados co obxectivo de que haxa xente no estadio que en caso de atoparse esa situación poida realizar de maneira correcta estas manobras, que, segundo as estatísticas, poden conseguir unha porcentaxe de supervivencia maior ao 70 por cento”.

García Cota quixo expresar o agradecemento do RC Celta polo desenvolvemento desta actividade “ao servizo da UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro pola súa colaboración e dispoñibilidade e de maneira especial á doutora Carballo e o doutor Murias”.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas