Disputou tres grandes tempadas como celeste e emprende unha nova etapa no club
Tras disputar tres tempadas inesquecibles co primeiro equipo, nas que mostrou profesionalidad, entrega e compromiso e aportou garra e experiencia, Mario Bermejo ‘colga’ as botas, pero segue unido ao Real Club Celta. O xa ex dianteiro celeste formará parte a partir da tempada 2014/2015 da estrutura da Secretaría Técnica do club, que dirixe Miguel Torrecilla.