A XIII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia, celebrada esta semana no Parador Costa da Morte de Muxía, reuniu na xornada de onte a tres mulleres líderes e referentes no deporte profesional de Galicia. Marián Mouriño, presidenta do RC Celta, participaba no devandito foro no que, por primeira vez, analizábase o impacto económico do deporte profesional na nosa comunidade.
Ignacio Capeáns, director xeral de Onda Cero rexional, foi o moderador desta mesa redonda dedicada a Industria do deporte profesional de Galicia: máis aló do negocio e do espectáculo. Un coloquio no que tamén participaron Carmen Lence, presidenta do C. B. Breogán e Lupe Murillo, presidenta do Pontevedra C. F. acompañadas por José Ramón Lete, secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia.
“Abrir o club á sociedade viguesa”, destacou Marián Mouriño como un dos puntos clave nos que centra a súa xestión. Por outra banda, Carmen Lence defendeu a aposta polo Breogán para colocar a Lugo no mapa e repercutir no conxunto do territorio. Mentres, Lupe Murillo puxo de relevo o liderado feminino no deporte
O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento en materia económica desde as empresas e universidades galegas á sociedade e espazos de decisión pública. Nel intégranse profesores e investigadores, empresarios e directivos representativos de diferentes sectores e áreas de Galicia, e xornalistas galegos de referencia.