Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 449

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 457
Marcelino compartirá este xoves en A Sede a súa particular visión sobre o fútbol - RC Celta
16x9_Futbol-de-Salon-1.jpg
Celtismo

Marcelino compartirá este xoves en A Sede a súa particular visión sobre o fútbol

RC Celta

Os afeccionados do RC Celta poderán gozar este xoves dun invitado de excepción no ciclo de charlas ‘Fútbol de Salón’ organizado polo club celeste e a Fundación. Marcelino García, exentrenador de Valencia, Vilarreal, Zaragoza ou Sporting entre outros, compartirá no Salón Rexio de A Sede a súa visión sobre o fútbol actual.

O técnico estará acompañado nunha mesa redonda por Eduardo Covelo, director de canteira do RC Celta, Onésimo Sánchez, adestrador do filial celeste, e Milorad Ratkovic, membro da secretaría técnica do club.

O míster asturiano será o cuarto adestrador de prestixio que se pasa polas charlas ‘Fútbol de Salón’ tras os relatorios de Eusebio Sancristán, Jorge Valdano e Vicente do Bosque.

A cita é este xoves 12 de marzo a partir das 20.00 horas no Salón Rexio. A entrada é libre para todos os públicos até completar capacidade e poderase acceder ao salón a partir das 19.30 horas.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas