O Real Club Celta, entidade con máis de 90 anos de historia, e a firma viguesa La Fe Seguros, que tamén conta cunha sólida traxectoria tras máis de 85 anos de actividade, presentaron o seu convenio de colaboración esta mañá na sala de prensa da Madroa.
Ao acto asistiron o vicepresidente celeste, Pedro Posada, o adestrador do primeiro equipo, Eduardo Berizzo, os capitáns Hugo Mallo e Cabral, Ricardo Dapena, director xeral de La Fe Seguros e o conselleiro delegado desta empresa, Manuel Suárez.