O xogador celeste José Naranjo substituirá a Iago Aspas no partido “Champions for life” que organiza LaLiga e que terá lugar o próximo xoves 29 no estadio Benito Villamarín. O dianteiro galego arrastra molestias nun xemelgo que lle impedirán participar neste evento solidario.