Coca-Cola e o RC Celta organizaron esta tarde eventos cós xogadores en 3 hipermercados da cidade
Coca-Cola e o RC Celta deron hoxe un novo paso para seguir achegando o club aos seus afeccionados. Os xogadores Sergio Álvarez, Nemanja Radoja e Borja Fernández participaron esta tarde na campaña “Tira o penalti do derbi” organizada por Coca-Cola con motivo do derbi que enfrontará o vindeiro martes a Celta e Deportivo.
A ilusión e o ambiente celtista foron grandes protagonistas nos actos levados a cabo esta tarde en tres hipermercados de Vigo. Os futbolistas célticos asinaron autógrafos e charlaron cos afeccionados, entre os que se contaban moitos mozos celtistas e que tiveron a oportunidade de gañar entradas para o derbi galego, bufandas do club vigués e outros agasallos.
O RC Celta continuará traballando co apoio dos seus patrocinadores para continuar achegando a entidade e os seus xogadores aos afeccionados, cuxo apoio e comuñón co equipo seguirá sendo clave para a consecución dos obxectivos do club.
Alcampo Vigo 1 (Coia) contou coa presenza de Borja Fernández desde as 17:30 horas.
Carrefour Vigo 1 (CC Travesía de Vigo) contou coa presenza de Sergio Álvarez desde as 18:15 horas.
Alcampo Vigo 2 (Avda. de Madrid) contou coa presenza de Nemanja Radoja desde as 19:00 horas.