Iago Aspas foi recoñecido co Premio Estrella Galicia ao Mellor Xogador do mes de febreiro, grazas ao respaldo da afección celeste nunha votación na que superou a Renato Tapia e a Strand Larsen.
O desempeño do moañés ao longo dos 215 minutos disputados neste segundo mes do ano en LaLiga EA SPORTS, nos que a sumado 1 asistencia e 2 goles, entre os que destaca o seu tanto número 200 coa camiseta celeste, viuse recompensado co seu primeiro Premio Estrella Galicia da tempada.
Iago asegurou que recibir este galardón “é un orgullo, un premio ao traballo realizado “. Ademais, o capitán tamén quixo facer especial mención ao respaldo da afección. “Desde o 2009 ata o día de hoxe, sempre estarei eternamente agradecido. Grazas afección e grazas compañeiros. Imos a por máis. Ala, Celta!”, concluíu o 10 celeste.