Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Gran afluencia de afeccionados á tenda oficial para adquirir as camisolas 2014/2015 - RC Celta
Hemeroteca celtismo

Gran afluencia de afeccionados á tenda oficial para adquirir as camisolas 2014/2015

RC Celta

ventacamiseta1415.jpg

Puséronse á venda esta mañá no establecimiento celeste en Balaídos

A tenda oficial do Real Club Celta rexistrou hoxe unha gran afluencia de afeccionados no primeiro día de venda das camisetas do primeiro equipo para a tempada 2014/2015, que tiveron unha aceptación espectacular. Centos de seguidores do equipo vigués acudiron ao establecemento celeste situado nos baixos do estadio de Balaídos para admirar e adquirir as camisolas da primeira e segundo equipamento da marca adidas.

O primeiro equipamento mantén o habitual deseño sinxelo e elegante, aceno de identidade de adidas, pero engade en pescozo, ombreiros e mangas detalles fucsia. No segundo equipamento o verde é o protagonista, unha cor que ata agora non fora utilizado nas camisetas de xogador Celta. Ambas as elásticas manteñen os logotipos dos seus patrocinadores principais e o trisquel celta na parte traseira do pescozo.

A nivel tecnolóxico, os equipamentos cumpren cos máximos estándares de calidade de adidas. A primeira vestimenta conta coa innovadora tecnoloxía ‘adizero’ da marca alemá, un avance que proporciona un peso moito máis livián á peza (menos de 100 gramos) e ventilación adicional. A segunda camiseta incorpora a tecnoloxía Climacool, que axuda a expulsar a calor e a suor do corpo grazas á súa composición de fibra e á combinación de diferentes tipos de tecido de malla abertos, situados estratexicamente para permitir que o aire circule a través do tecido e seque a suor.

Horario da tenda oficial: de 10 a 14 e de 17 a 20 horas (de luns a sábado).

camisetas1415-primerasegunda.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas