Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463
Gaña entradas para o musical Sister Act - RC Celta
Hemeroteca celtismo

Gaña entradas para o musical Sister Act

RC Celta

Sister_Act_Web.jpg

 

O Auditorio Mar de Vigo acolle entre o 22 e o 27 de setembro “Sister Act, el musical”, un espectáculo co selo de calidade de Broadway destinado a toda a familia. O RC Celta lanzou un concurso no seu Facebook oficial (www.facebook.com/realclubcelt ) no que sorteará dúas entradas dobres entre os afeccionados que acerten que equipo marcará antes no partido Sevilla-Celta do próximo domingo. Para participar tan só hai que deixar un comentario na publicación do concurso co nome dun dos dous equipos.

 

Ademáis, “Sister Act, el musical” agasalla a todos os seareiros celtistas cun desconto dun 25% no prezo das entradas. Para beneficiarse desta rebaixa tan só hai que introducir o código SISTER25VIGO no momento da compra online: https://goo.gl/48qIug

 

BASES DO CONCURSO

 

1.- Organizador

 

Real Club Celta de Vigo S.A.D. con domicilio social na Rúa Conde de Gondomar 1, 36203 Vigo, organiza xunto a Stage Entertainment España un concurso para tódolos seus seguidores nas plataformas sociais oficiais do Real Club Celta de Vigo, en concreto na páxina oficial de Facebook.

 

2.- Ámbito e duración

 

O concurso levaráse a cabo en España para residentes en todo o territorio nacional. A data de comezo do concurso será o 14 de Setembro de 2015 ás 13.00h e a data de finalización será o 20 de Setembro de 2015 ás 12:00h.

 

3.- Regras e condicións para participar

 

O concurso terá lugar na páxina oficial de Facebook do Real Club Celta de Vigo (https://www.facebook.com/fundacioncelta).

 

Para participar no concurso será necesario:

– Ser fan da páxina de Sister Act El Musical en Facebook (https://www.facebook.com/sisteractelmusical).

 

– Ser fan da páxina oficial do Real Club Celta de Vigo en Facebook.

 

– Dar “Me Gusta” á publicación do concurso na páxina do Real Club Celta de Vigo en Facebook e responder á pregunta facendo un comentario na mesma publicación. A pregunta é: Cal será o primeiro equipo en marcar gol no Sevilla – Celta do próximo Domingo?. Deberás deixar un comentario na publicación do concurso co nome dun dos dous equipos.

 

Poderá participar calquera persoa cun perfil en Facebook. Cada usuario poderá participar unha única vez por promoción.

 

4.- Premios e selección do gañador

 

Outorgaranse dúas entradas dobres para a estrea de Sister Act El Musical en Vigo o próximo Martes, 22 de Setembro ás 20.30h no Auditorio Mar de Vigo. A forma de entrega das entradas comunicaráselle aos gañadores unha vez finalizado o concurso.

 

 

Os gañadores serán elixidos por sorteo entre tódolos participantes que cumpran os requisitos anteriormente expostos.

 

Se non se logra contactar con algún gañador nun prazo de 24 horas dende o primeiro intento de contacto, ou este renunciase ao premio, procederemos a seleccionar un novo gañador, perdendo o anterior gañador o seu dereito a reclamar o premio. Comunicarase no Facebook do Real Club Celta de Vigo cando haxa un gañador oficial e tamén se comunicará a través da páxina web o nome do gañador o Luns, 21 de Setembro.

 

5.- Cesión de dereitos de imaxe e/ou propiedade intelectual

 

A participación no Concurso supón a cesión e autorización expresa de tódolos dereitos de propiedade intelectual e de imaxe sobre as participacións, de forma que o participante cede ao Real Club Celta de Vigo os dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial e/ou de imaxe que puidesen corresponderlle ou derivar das participacións enviadas para participar no Concurso.

 

6.- Excepcións

 

Real Club Celta de Vigo resérvase o dereito de eliminar do concurso a calquera usuario que non cumpra os requisitos establecidos na mecánica do concurso.

 

No caso de que ao término do encontro non haxa goles ou ninguén acerte o primeiro equipo en marcar, procederase a realizar o sorteo entre tódolos participantes que cumplan o resto de requisitos esixidos.

 

O premio podería considerarse deserto no caso de que a organización o considere oportuno.

 

7.- Protección de datos.

 

Real Club Celta de Vigo garante o cumprimento íntegro da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal no tratamento dos datos persoais recollidos na presente promoción, en especial polo que se refire á atención do exercicio dos dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos persoais dos concursantes.

 

8.- Aceptación das bases.

 

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia diso, o Real Club Celta de Vigo quedará liberado do cumprimento da obrigación contraída co devandito participante.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas