A Sede do RC Celta recupera un dos seus espazos máis emblemáticos. Gambeta reabre este venres cunha nova proposta para o público máis variado e esixente. Este singular espazo de hostelería do RC Celta volve apostar por empresas cento por cento galegas e cun gran arraigo na comunidade autónoma e na cidade: El Trigal e Bico de Xeado, que ofrecerán unha ampla variedade de produtos para satisfacer calquera tipo de demanda.
Desde este venres, os cidadáns terán á súa disposición en A Sede un novo punto de encontro cunha nova imaxe e unha oferta adaptada a cada momento do día.