O domingo foi un día moi especial en Abanca Balaídos. Por primeira vez na historia, o noso templo celeste albergaba dous encontros na mesma xornada. Pola mañá o RC Celta enfrontábase ao Girona FC e, pola tarde, a Celta Fortuna ao RC Deportivo da Coruña. Dous eventos que reuniron a máis de 30 mil persoas que viviron unidas este día tan especial e que quixeron seguir de preto e animar aos equipos.
Unha xornada chea de actividades enfocadas no celtismo como máximo protagonista, presente tanto dentro como fora do estadio. É por iso, polo que queremos compartir con todos vós a galería de imaxes do noso Domingo Celeste, na que seguro atoparedes algunha cara coñecida.